Re: [gnome-gl] Melloras no Gtranslator para o GSoC



Ola,
Pois si, é exactamente iso no que pensaba. Mais penso que o Gtranslator ou non o fai ou o fai bastante mal :S.

Un saúdo.

2013/3/16 Leandro Regueiro <leandro regueiro gmail com>
2013/3/16 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
> Ola Leandro,
>  Primeiro, moitas grazas polas ideas :D
>
>>> Algún tipo de opción que busque cadeas similares no propio documento e as
>>> integre (ou non) co resultado da busca da memoria de tradución.
>>
>> Non fai isto xa?
>
>
> Pois ata onde eu sei non. Pero quizais non se entendeu o que queria dicir, a
> idea sería como unha especie de memoria de tradución alternativa que buscase
> nas cadeas xa traducidas do propio documento.

En Lokalize, se non estou equivocado, as traducións que vas facendo
engádense (cando se garda o ficheiro a medida que vas traducindo) a
unha especie de memoria de tradución temporal (que desaparece cando
pechas o ficheiro) e ditas traducións aparecen nos resultados da
memoria de tradución. Eu entendo que falas de que Gtranslator faga
isto.

Deica

> Un saúdo.
>
> 2013/3/16 Leandro Regueiro <leandro regueiro gmail com>
>>
>> 2013/3/16 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
>> > Ola,
>> > Xa mandei este correo na lista do P. Trasno pero como ninguén me
>> > contestou
>> > pois ou era un pouco "off-topic" nesa lista ou non lle interesaba a
>> > ninguén
>> > :S. Así que aínda que sei que moitos de vós estades subscritos a esa
>> > lista
>> > vou ser un pouquiño pesado :D. O tema, estaba pensando en presentar un
>> > proxecto para o GSoC que estivera baseado en melloras a Gtranslator.
>> >
>> > Coñezo o programa e useino sobretodo o ano pasado para facer algunhas
>> > traducións para Gnome. Mais penso que vos podedes ter mellor idea do que
>> > se
>> > pode e se debe mellorar do programa. E preguntábame se poderíasdes
>> > botarme
>> > unha man indicándome que cousas pensades vos que se deberían mellorar
>> > con
>> > maior prioridade ou que cousas botades máis de menos como usuarios de
>> > Gtranslator.
>> >
>> > Entre o uso que lle din eu e algun vistazo que lle botei ao bugzilla
>> > ocurriuseme o seguinte:
>>
>> Ola,
>> antes de nada dicir que non teño moita idea de como está Gtranslator
>> actualmente.
>>
>>
>> > Soporte de memorias de tradución en formatos diferentes ao .po. Como por
>> > exemplo TBX.
>>
>> As memorias de tradución son en formato TMX. Non sei se Gtranslator
>> admite este formato. Se non é así paréceme boa idea facer a
>> Gtranslator compatible con este formato.
>>
>> O formato TBX é para terminoloxía. Se non cambiou nada desde a última
>> vez que chafallei co Gtranslator, este programa non era compatible con
>> TBX nin ofrecía ningún tipo de solución para a xestión de terminoloxía
>> nin para a suxestións de termos. Incluír isto sería un gran avance.
>>
>>
>> > Integración de pology con Gtranslator.
>>
>> Isto tamén sería un gran avance. Ten en conta que habería que
>> modificar tamén Pology para que poida arrincar outro editor de
>> traducións á parte de Lokalize. Se ao final fas isto documéntao,
>> porque sería de axuda de cara a integrar outras ferramentas como
>> Virtaal con Pology.
>>
>>
>> > Algún tipo de opción que busque cadeas similares no propio documento e
>> > as
>> > integre (ou non) co resultado da busca da memoria de tradución.
>>
>> Non fai isto xa?
>>
>>
>> > A ver se me podedes axudar con máis ideas ou opinar sobre as anteriores.
>>
>> Persoalmente creo que o programa máis avanzado agora mesmo é Virtaal.
>> Unha idea que podes coller deste programa é os "placeables"
>> http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/placeables
>>
>> Outra cousa que me toca bastante a moral ao cambiar de programa de
>> tradución son os atallos de teclado. Igual podias intentar ver se
>> harmonizar os atallos con outras ferramentas é posible, ou cando menos
>> poder indicar nas preferencias de Gtranslator que "mapa de atallos" se
>> quere empregar: o de Lokalize, Virtaal.... Hai tempo fixera unha táboa
>> cos diferentes atallos en varias ferramentas
>>
>> http://trasno.net/ficheiros/upload/curso_udc_2010/taboa_atallos_ferramentas_CAT.pdf
>> (habería que ver de actualizala).
>>
>> Non sei como está a integración de Gtranslator con sistemas externos
>> que fornecen resultados de memorias de tradución. Quizais queiras
>> integralo con Amagama.
>>
>> Déixoo aquí por agora.
>>
>>
>> > Un saúdo.
>>
>> Deica
>
>



[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]