Re: [gnome-gl] Melloras no Gtranslator para o GSoC



2013/3/16 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
Ola,
Xa mandei este correo na lista do P. Trasno pero como ninguén me contestou
pois ou era un pouco "off-topic" nesa lista ou non lle interesaba a ninguén
:S. Así que aínda que sei que moitos de vós estades subscritos a esa lista
vou ser un pouquiño pesado :D. O tema, estaba pensando en presentar un
proxecto para o GSoC que estivera baseado en melloras a Gtranslator.

Coñezo o programa e useino sobretodo o ano pasado para facer algunhas
traducións para Gnome. Mais penso que vos podedes ter mellor idea do que se
pode e se debe mellorar do programa. E preguntábame se poderíasdes botarme
unha man indicándome que cousas pensades vos que se deberían mellorar con
maior prioridade ou que cousas botades máis de menos como usuarios de
Gtranslator.

Entre o uso que lle din eu e algun vistazo que lle botei ao bugzilla
ocurriuseme o seguinte:

Ola,
antes de nada dicir que non teño moita idea de como está Gtranslator
actualmente.


Soporte de memorias de tradución en formatos diferentes ao .po. Como por
exemplo TBX.

As memorias de tradución son en formato TMX. Non sei se Gtranslator
admite este formato. Se non é así paréceme boa idea facer a
Gtranslator compatible con este formato.

O formato TBX é para terminoloxía. Se non cambiou nada desde a última
vez que chafallei co Gtranslator, este programa non era compatible con
TBX nin ofrecía ningún tipo de solución para a xestión de terminoloxía
nin para a suxestións de termos. Incluír isto sería un gran avance.


Integración de pology con Gtranslator.

Isto tamén sería un gran avance. Ten en conta que habería que
modificar tamén Pology para que poida arrincar outro editor de
traducións á parte de Lokalize. Se ao final fas isto documéntao,
porque sería de axuda de cara a integrar outras ferramentas como
Virtaal con Pology.


Algún tipo de opción que busque cadeas similares no propio documento e as
integre (ou non) co resultado da busca da memoria de tradución.

Non fai isto xa?


A ver se me podedes axudar con máis ideas ou opinar sobre as anteriores.

Persoalmente creo que o programa máis avanzado agora mesmo é Virtaal.
Unha idea que podes coller deste programa é os "placeables"
http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/placeables

Outra cousa que me toca bastante a moral ao cambiar de programa de
tradución son os atallos de teclado. Igual podias intentar ver se
harmonizar os atallos con outras ferramentas é posible, ou cando menos
poder indicar nas preferencias de Gtranslator que "mapa de atallos" se
quere empregar: o de Lokalize, Virtaal.... Hai tempo fixera unha táboa
cos diferentes atallos en varias ferramentas
http://trasno.net/ficheiros/upload/curso_udc_2010/taboa_atallos_ferramentas_CAT.pdf
(habería que ver de actualizala).

Non sei como está a integración de Gtranslator con sistemas externos
que fornecen resultados de memorias de tradución. Quizais queiras
integralo con Amagama.

Déixoo aquí por agora.


Un saúdo.

Deica


[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]