Re: [gnome-gl] Melloras no Gtranslator para o GSoC
- From: Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>
- To: Leandro Regueiro <leandro regueiro gmail com>
- Cc: gnome-gl-list gnome org
- Subject: Re: [gnome-gl] Melloras no Gtranslator para o GSoC
- Date: Sat, 16 Mar 2013 21:36:39 +0100
Ola Leandro,
Primeiro, moitas grazas polas ideas :D
Algún tipo de opción que busque cadeas similares no propio documento e as
integre (ou non) co resultado da busca da memoria de tradución.
Non fai isto xa?
Pois ata onde eu sei non. Pero quizais non se entendeu o que queria dicir, a idea sería como unha especie de memoria de tradución alternativa que buscase nas cadeas xa traducidas do propio documento.
Un saúdo.
2013/3/16 Leandro Regueiro
<leandro regueiro gmail com>
2013/3/16 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
> Ola,
> Xa mandei este correo na lista do P. Trasno pero como ninguén me contestou
> pois ou era un pouco "off-topic" nesa lista ou non lle interesaba a ninguén
> :S. Así que aínda que sei que moitos de vós estades subscritos a esa lista
> vou ser un pouquiño pesado :D. O tema, estaba pensando en presentar un
> proxecto para o GSoC que estivera baseado en melloras a Gtranslator.
>
> Coñezo o programa e useino sobretodo o ano pasado para facer algunhas
> traducións para Gnome. Mais penso que vos podedes ter mellor idea do que se
> pode e se debe mellorar do programa. E preguntábame se poderíasdes botarme
> unha man indicándome que cousas pensades vos que se deberían mellorar con
> maior prioridade ou que cousas botades máis de menos como usuarios de
> Gtranslator.
>
> Entre o uso que lle din eu e algun vistazo que lle botei ao bugzilla
> ocurriuseme o seguinte:
Ola,
antes de nada dicir que non teño moita idea de como está Gtranslator
actualmente.
> Soporte de memorias de tradución en formatos diferentes ao .po. Como por
> exemplo TBX.
As memorias de tradución son en formato TMX. Non sei se Gtranslator
admite este formato. Se non é así paréceme boa idea facer a
Gtranslator compatible con este formato.
O formato TBX é para terminoloxía. Se non cambiou nada desde a última
vez que chafallei co Gtranslator, este programa non era compatible con
TBX nin ofrecía ningún tipo de solución para a xestión de terminoloxía
nin para a suxestións de termos. Incluír isto sería un gran avance.
> Integración de pology con Gtranslator.
Isto tamén sería un gran avance. Ten en conta que habería que
modificar tamén Pology para que poida arrincar outro editor de
traducións á parte de Lokalize. Se ao final fas isto documéntao,
porque sería de axuda de cara a integrar outras ferramentas como
Virtaal con Pology.
> Algún tipo de opción que busque cadeas similares no propio documento e as
> integre (ou non) co resultado da busca da memoria de tradución.
Non fai isto xa?
> A ver se me podedes axudar con máis ideas ou opinar sobre as anteriores.
Persoalmente creo que o programa máis avanzado agora mesmo é Virtaal.
Unha idea que podes coller deste programa é os "placeables"
http://translate.sourceforge.net/wiki/virtaal/placeables
Outra cousa que me toca bastante a moral ao cambiar de programa de
tradución son os atallos de teclado. Igual podias intentar ver se
harmonizar os atallos con outras ferramentas é posible, ou cando menos
poder indicar nas preferencias de Gtranslator que "mapa de atallos" se
quere empregar: o de Lokalize, Virtaal.... Hai tempo fixera unha táboa
cos diferentes atallos en varias ferramentas
http://trasno.net/ficheiros/upload/curso_udc_2010/taboa_atallos_ferramentas_CAT.pdf
(habería que ver de actualizala).
Non sei como está a integración de Gtranslator con sistemas externos
que fornecen resultados de memorias de tradución. Quizais queiras
integralo con Amagama.
Déixoo aquí por agora.
> Un saúdo.
Deica
[
Date Prev][
Date Next] [
Thread Prev][
Thread Next]
[
Thread Index]
[
Date Index]
[
Author Index]