[gnome-gl] Melloras no Gtranslator para o GSoC
- From: Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>
- To: gnome-gl-list gnome org
- Subject: [gnome-gl] Melloras no Gtranslator para o GSoC
- Date: Sat, 16 Mar 2013 13:26:03 +0100
Ola, Xa mandei este correo na lista do P. Trasno pero como ninguén me contestou pois ou era un pouco "off-topic" nesa lista ou non lle interesaba a ninguén :S. Así que aínda que sei que moitos de vós estades subscritos a esa lista vou ser un pouquiño pesado :D. O tema, estaba pensando en presentar un proxecto para o GSoC que estivera baseado en melloras a Gtranslator.
Coñezo o programa e useino sobretodo o ano pasado para facer algunhas traducións para Gnome. Mais penso que vos podedes ter mellor idea do que se pode e se debe mellorar do programa. E preguntábame se poderíasdes botarme unha man indicándome que cousas pensades vos que se deberían mellorar con maior prioridade ou que cousas botades máis de menos como usuarios de Gtranslator.
Entre o uso que lle din eu e algun vistazo que lle botei ao bugzilla ocurriuseme o seguinte:
-
Soporte de memorias de tradución en formatos diferentes ao .po. Como por exemplo TBX.
- Integración de pology con Gtranslator.
- Algún tipo de opción que busque cadeas similares no propio documento e as integre (ou non) co resultado da busca da memoria de tradución.
A ver se me podedes axudar con máis ideas ou opinar sobre as anteriores.
Un saúdo.
[Date Prev][
Date Next] [Thread Prev][
Thread Next]
[
Thread Index]
[
Date Index]
[
Author Index]