Re: [gnome-gl] Programa de tradución no GSoC
- From: Leandro Regueiro <leandro regueiro gmail com>
- To: Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>
- Cc: Trasno - Lista <proxecto trasno net>, Rolda GNOME Galego <gnome-gl-list gnome org>
- Subject: Re: [gnome-gl] Programa de tradución no GSoC
- Date: Wed, 5 Jun 2013 15:33:10 +0200
Ola.
O meu primeiro comentario é "moita sorte". O segundo é "vai ser unha
milagre que deas feito o que te propós", ou mellor dito "o que Méixome
che está indicando que fagas".
2013/6/5 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
Ola.
Grazas a todos polas vosas achegas e en especial a Antón Meixome que, de
todos os sitios onde preguntei, foi moi de lonxe o que máis contribuiu :D.
Mil
grazas!!
Por outro lado hai algunhas cousas que non termino de entender:
- Estatísticas
Refireste a numero de palabras / frases traducidas no ficheiro/proxecto?
Supoño que cando menos algo semellante ao que se mostra en Virtaal
(Alt+Intro) para un ficheiro.
- Xestión das cabeceiras
Supoño que te refieres as cabeceiras dos documentos .po por exemplo pero que
pensas que se debe xestionar aí.
Supoño que entre outras cousas:
* actualización automática das datas,
* inclusión automática dos datos do tradutor,
* un diálogo para permitir editala manualmente.
Tradución automática
Refireste a empregar unha ferramenta externa tipo Google Translator ou a
que?
Si, a tradución automática é a tradución realizada por un programa.
Por exemplo Google Translator, Bing Translator, Opentrad, Apertium...
Non confundir con memoria de tradución, onde incluiría tamén amaGama,
Open-tran e Transvision ademais de Trobador.
- Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas).
Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa.
Mira poterminology:
http://docs.translatehouse.org/projects/translate-toolkit/en/latest/commands/poterminology.html
- Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
Non teño moi claro como facer iso :S...
Unha vez que se traduce unha frase o programa podería interntar detectar
mediante
un glosario auxiliar cal é a tradución de cada termo dunha frase e revisar
se é o que se
esta a usar no resto do ficheiro/proxecto lanzando un aviso en caso
contrario. Sería algo así?
Isto sería integrar con Pology para usar Posieve con regras como as
que temos para o galego, onde comprobamos que determinada palabra se
traduciu de tal xeito.
Deica
Un saúdo,
Marcos Chavarría Teijeiro.
PD: Teño unha wiki do proxecto en Gnome Live onde resumín todas as ideas que
foron xurdindo, se
se vos ocorre algunha que non este aí enviádeme un email ou respondede a
este correo.
2013/6/4 Enrique Estévez Fernández <keko gl gmail com>
Ola.
Con respecto aos formatos, eu diría que soporte todos os do
translate-toolkit, que o leve integrado e que sexa transparente para o
usuario. Pero que un usuario avanzado poida saber o que se está facendo e
configuralo a súa maneira.
Penso que a maior parte das cousas xa as comentou Méixome.
Saúdos.
2013/6/3 Miguel Bouzada <mbouzada gmail com>
2013/6/3 Antón Méixome <certima certima net>
Ola Marcos
- Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos
(.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android
Engadiría... Docbook e asciidoc
- Manexo integramente con teclado
- Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.)
- Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do
traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación:
ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por
tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total
- Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido,
canto falta)
- Propagación de traducións a cadeas idénticas
- Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local -
Transifex ou outro)
- Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas).
Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa.
- Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
- Exportación de corpus aliñado
- Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas
ferramentas como hunspell, languagetools, ...)
- Estatísticas
- Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa)
- Controis de calidade (language tools)
- Xestión das cabeceiras
- Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non
traducidas, con suxestións ou difusas)
- Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con
ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...)
- Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio
consultable)
- Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control
de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de
terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de
cambios do odt.
- Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida)
- Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc)
- Multiplataforma e autocontido (para Windows)
Por suposto,
Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas)
Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador)
Actualización dunha determinada TMX automática e exportable.
Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas)
Consulta a servidor TBX remoto (Terminator)
Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina)
2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
Ola a todos!
Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos
se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator
dentro do Google Summer of Code deste verán.
Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir
este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e
preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta.
Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de
presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez
pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar
este é o momento de dicilo.
Un saúdo,
Marcos Chavarría Teijeiro.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto trasno net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto trasno net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
--
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto trasno net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto trasno net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Rolda de correo de gnome-gl-list
gnome-gl-list gnome org
https://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list
[
Date Prev][Date Next] [
Thread Prev][Thread Next]
[
Thread Index]
[
Date Index]
[
Author Index]