Re: [gnome-gl] Programa de tradución no GSoC



Ola.

Con respecto aos formatos, eu diría que soporte todos os do translate-toolkit, que o leve integrado e que sexa transparente para o usuario. Pero que un usuario avanzado poida saber o que se está facendo e configuralo a súa maneira.

Penso que a maior parte das cousas xa as comentou Méixome.

Saúdos.


2013/6/3 Miguel Bouzada <mbouzada gmail com>


2013/6/3 Antón Méixome <certima certima net>
Ola Marcos

- Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos
(.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android

Engadiría... Docbook e asciidoc
 
- Manexo integramente con teclado
- Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.)
- Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do
traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación:
ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por
tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total
- Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido, canto falta)
- Propagación de traducións a cadeas idénticas
- Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local -
Transifex ou outro)
- Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas).
Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa.
- Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
- Exportación de corpus aliñado
- Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas
ferramentas como hunspell, languagetools, ...)
- Estatísticas
- Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa)
- Controis de calidade (language tools)
- Xestión das cabeceiras
- Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non
traducidas, con suxestións ou difusas)
- Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con
ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...)
- Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio consultable)
- Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control
de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de
terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de
cambios do odt.
- Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida)
- Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc)

- Multiplataforma e autocontido (para Windows)

Por suposto,

Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas)
Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador)
Actualización dunha determinada TMX automática e exportable.
Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas)
Consulta a servidor TBX remoto (Terminator)
Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina)


2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
> Ola a todos!
>
> Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos
> se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator
> dentro do Google Summer of Code deste verán.
>
> Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir
> este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e
> preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta.
>
> Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de
> presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez
> pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar
> este é o momento de dicilo.
>
> Un saúdo,
> Marcos Chavarría Teijeiro.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto trasno net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto trasno net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



--
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto trasno net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]