Re: [gnome-gl] Programa de tradución no GSoC



Ola Marcos

- Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos
(.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android
- Manexo integramente con teclado
- Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.)
- Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do
traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación:
ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por
tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total
- Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido, canto falta)
- Propagación de traducións a cadeas idénticas
- Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local -
Transifex ou outro)
- Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas).
Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa.
- Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
- Exportación de corpus aliñado
- Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas
ferramentas como hunspell, languagetools, ...)
- Estatísticas
- Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa)
- Controis de calidade (language tools)
- Xestión das cabeceiras
- Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non
traducidas, con suxestións ou difusas)
- Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con
ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...)
- Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio consultable)
- Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control
de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de
terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de
cambios do odt.
- Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida)
- Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc)

- Multiplataforma e autocontido (para Windows)

Por suposto,

Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas)
Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador)
Actualización dunha determinada TMX automática e exportable.
Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas)
Consulta a servidor TBX remoto (Terminator)
Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina)


2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1991 gmail com>:
Ola a todos!

Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos
se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator
dentro do Google Summer of Code deste verán.

Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir
este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e
preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta.

Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de
presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez
pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar
este é o momento de dicilo.

Un saúdo,
Marcos Chavarría Teijeiro.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto trasno net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]