Aquí estou de novo coa minha historia, e podo dicir historia dun éxito. Anovei o wiki con unha nova pasada do posieve en GNOME 3.0 coas novas regras que Marce incluíu, tendo en conta os meus correos con suxestións (perdín a conta pero deberon ser uns 8 con varios erros en cada un deles). http://wiki.trasno.net/Verificaci%C3% B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0#Terceira_pasada Coas regras do principio marcábanse 2545 erros. Coas regras melloradas logo de moito traballo por parte de Marce e moitas cadeas cambiadas ao longo do proceso nos ficheiros po do GNOME Core 3.0 chegamos á cifra total de erros de SÓ 34!!! Great job Marce! Congrats PD: Animo a todos os coordinadores e revisores de proxectos a usar pology coas últimas regras xa que axilizan o traballo MOITÍSIMO. PD2: tenho que investigar agora como funciona a integración co hunspell/aspell e facer as correccións ortográficas pertinentes. PD3: xa para nota sería tentar facer que posieve funcione con languagetool O Mér, 26-01-2011 ás 18:45 +0100, Leandro Regueiro escribiu: > 2011/1/26 Fran Dieguez <listas mabishu com>: > > Ola rapaces, > > > > logo de que Leandro me ensinara a ferramenta pology (dentro a orde > > posieve) e aproveitando as regras que Marce escribiu para o idioma > > galego, xunto coas regras que importou da minha ferramenta GRIL... > > púxenme a aplicalas a GNOME Core 3.0. > > > > Podedes encontrar o relato de como usei a ferramenta na seguinte páxina > > da wiki de trasno, con estatísticas iniciais e finais para as dúas > > pasadas que fixen coa ferramenta. > > > > http://wiki.trasno.net/Verificaci%C3%B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0 > > > > Estiven continuamente enviándolle correos con falsos positivos a Marce > > para que poida corrixir as regras e metendo excepcións segundo > > corresponda. > > > > Como valoración persoal quero dicir que esta ferramenta promete moito e > > que debemos usala en tódolos proxectos, xa que as últimas regras que > > Marce ten escrito, incluso os consensos da Trasnada10, son bastante boas > > e axudan bastante. > > > > Anexo un parche cos cambios que fixen nalgunhas regras ou mesmo aquelas > > que tiven que eliminar porque ou ben non funcionan ben ou ben funcionan > > de máis. > > > > Aínda así as estatísticas finais non son correctas xa que a cantidade de > > erros finais (400 e pico) conto que máis do 80% son falsos positivos > > (regras están ben escritas pero que o contexto valida a tradución). > > Eu paseille só as regras da Trasnada a Xfce e fixen uns 90 cambios, > entre os que se inclúe un «ventá» que se escapou da homoxeneización de > «window» de hai máis dun ano. Isto podemos sumalo aos máis de 600 > cambios feitos á man, e con moito traballo, antes de usar Pology. > > O certo é que a integración de Pology con Lokalize é incriblemente > útil e facilita moitisimo o traballo, xa que abre os ficheiros nos que > se detectaron erros e só se mostran as cadeas con posibles erros > detectados (mostrando os comentarios devoltos por Pology respecto dos > erros que di detectar na cadea en cuestión). Revisar de forma > automática as traducións deste xeito é moi agradable, sobre todo > despois de eliminar Marce certos falsos positivos que non deberían > saltar. > > Comento tamén que se crearon dous bugs, un para Virtaal e outro para > Gtranslator, para que se inclúa compatibilidade con Pology nestas dúas > ferramentas e non obrigar á xente a cambiarse a Lokalize para > aproveitar ao máximo Lokalize. O desenvolvedor de Pology mostrou o seu > interese e está agardando a que os desenvolvedores desas dúas outras > ferramentas movan ficha, así que non viria mal que presionedes algo > para darlle prioridade a estes bugs: > > Bug para Gtranslator: https://bugzilla.gnome.org/show_bug.cgi?id=640445 > Bug para Virtaal: http://bugs.locamotion.org/show_bug.cgi?id=1851 > > Moitas grazas polo teu gran traballo nas regras Marce!! E tamén a > Chusslove por crear o Pology! > > Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para > que a xente aprenda a usar o básico. > > Deica > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto trasno net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto -- Fran Diéguez Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
Attachment:
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part