Re: [gnome-gl] =?utf-8?q?Informaci=C3=B3n_do_estado_da_traduci=C3=B3n?= =?utf-8?q?_=28post_2=2E31=2E5_release=29?=



2010/7/15 Fran Diéguez <listas mabishu com>:
> Ola rapaces,
>
> Liberouse unha versión de GNOME de testing 2.31.5 e o galego segue ao
> 100% traducido.
>
> Logo de unhas ben merecidas vacacións, e grazas a que despexei bastante
> a cachola do traballo, coas novas forzas estou preparando unha páxina de
> wiki que explique e deixe claros os pasos técnicos para acadar a
> tradución de IU e de documentación.
>
> A día de hoxe toda a documentación de GNOME está sufrindo grandes
> cambios debido á chegada de GNOME 3.0. Toda a documentación está sendo
> migrada a Mallard. Un formato que logo de que eu traducira un par de
> aplicativos resulta moi sinxelo debido a que existen ordes que
> simplifican a extracción de cadeas e actualizacións de modelos po.
>
> Estamos na metade do camiño da liberación de GNOME 3.0 e todo avanza
> segundo o previsto, a nivel de desenvolvemento. No grupo galego estamos
> tamén cumprindo e incluso distintos desenvolvedores están encantados de
> que o galego sexa dos primeiros idiomas que remata de traducir a súa
> interface. Por iso agora tocáballe o momento á documentación (manuais de
> usuario basicamente).
>
> Teño xa feitos varios programiñas de liña de ordes que me permiten
> automatizar a remisión de novas traducións e a verificación técnica das
> mesmas (baseado en pofilter). A revisión ortográfica estase realizando
> coa última versión do dicionario hunspell-gl que realizou recentemente
> Miguel Solla a partires dunha extracción de palabras do dicionario VolGa
> fornecida polos mesmos desenvolvedores do VolGa. E en canto teña algo de
> tempo teño pensado mirar como levar a cabo unha revisión máis exhaustiva
> con languagetool se admite pofiles.
>
> Xa por último animarvos a que asistades o xoves e venres da seguinte
> semana á GUADEC-es onde se xuntan usuarios, desenvolvedores e
> simpatizantes de GNOME. Aló haberá un relatorio de Gtranslator onde
> podemos solicitarlle directamente ao coordinador do proxecto
> funcionalidades que precisamos os que realmente usamos o aplicativo.
>
> Desculpas pola lonxitude da mensaxe.
> Saúdos

Alí estarei. Agardo que remates esa documentación para ver se me poño
a elo, dependendo do traballo que teña pendente por outras partes.


[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]