[gnome-gl] =?iso-8859-1?q?Informaci=F3n_do_estado_da_traduci=F3n_?= =?iso-8859-1?q?=28post_2=2E31=2E5_release=29?=
- From: Fran Diéguez <listas mabishu com>
- To: gnome-gl-list gnome org
- Subject: [gnome-gl] Información do estado da tradución (post 2.31.5 release)
- Date: Thu, 15 Jul 2010 01:08:50 +0200
Ola rapaces,
Liberouse unha versión de GNOME de testing 2.31.5 e o galego segue ao
100% traducido.
Logo de unhas ben merecidas vacacións, e grazas a que despexei bastante
a cachola do traballo, coas novas forzas estou preparando unha páxina de
wiki que explique e deixe claros os pasos técnicos para acadar a
tradución de IU e de documentación.
A día de hoxe toda a documentación de GNOME está sufrindo grandes
cambios debido á chegada de GNOME 3.0. Toda a documentación está sendo
migrada a Mallard. Un formato que logo de que eu traducira un par de
aplicativos resulta moi sinxelo debido a que existen ordes que
simplifican a extracción de cadeas e actualizacións de modelos po.
Estamos na metade do camiño da liberación de GNOME 3.0 e todo avanza
segundo o previsto, a nivel de desenvolvemento. No grupo galego estamos
tamén cumprindo e incluso distintos desenvolvedores están encantados de
que o galego sexa dos primeiros idiomas que remata de traducir a súa
interface. Por iso agora tocáballe o momento á documentación (manuais de
usuario basicamente).
Teño xa feitos varios programiñas de liña de ordes que me permiten
automatizar a remisión de novas traducións e a verificación técnica das
mesmas (baseado en pofilter). A revisión ortográfica estase realizando
coa última versión do dicionario hunspell-gl que realizou recentemente
Miguel Solla a partires dunha extracción de palabras do dicionario VolGa
fornecida polos mesmos desenvolvedores do VolGa. E en canto teña algo de
tempo teño pensado mirar como levar a cabo unha revisión máis exhaustiva
con languagetool se admite pofiles.
Xa por último animarvos a que asistades o xoves e venres da seguinte
semana á GUADEC-es onde se xuntan usuarios, desenvolvedores e
simpatizantes de GNOME. Aló haberá un relatorio de Gtranslator onde
podemos solicitarlle directamente ao coordinador do proxecto
funcionalidades que precisamos os que realmente usamos o aplicativo.
Desculpas pola lonxitude da mensaxe.
Saúdos
--
Fran Diéguez <listas mabishu com>
[
Date Prev][
Date Next] [
Thread Prev][
Thread Next]
[
Thread Index]
[
Date Index]
[
Author Index]