[gnome-gl] pitivi - master



Ola,

Agora o novo estado do pitivi - master - po (Galego) é 'Para revisar'.
http://l10n.gnome.org/vertimus/pitivi/master/po/gl

Ola Marcos,

hai bastantes erros que listo a continuación, a primeira parte é a incorrecta e a segunda a que hai que usar:

- Amosar => Mostrar, o consenso é empregar mostrar
- Búsqueda -> Busca, o primeiro é un castelanismo
- Timeline -> liña de tempo
- Todolos -> todos os, evita as contracións para este tipo de expresións, non así para cun, cunha, nun, nunha
- preset -> preconfiguración, ti escribiches configuración o cal é unha tradución de setting.
- font -> tipo de letra, en galego só se pode usar fonte para o lugar onde sae auga.
- Font color -> Cor do tipo de letra
- Escolle -> escolla, usa a terceira persoa é máis forma.
- Tituloss. coidado que hai un x de máis.
- Versión, leva til
- Listaxe -> lista, listaxe é un hiperenxebrismo.


Fran Diéguez
--
Esta é unha mensaxe automática enviada desde l10n.gnome.org.


[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]