[gnome-gl] Solucionado bug de gtranslator con gtkspell



Ola a todos,

para os que estades probando a nova versión de gtranslator en Ubuntu
Oneiric ou a última versión de Fedora, o gtranslator baseado en GTK3.
Seguro que tinhades o problema de que non funcionaba a verificación
ortográfica en ningún idioma.

Polo que logo de investigar uns minutinhos fixen un parche que soluciona
o erro e xa foi remitido tanto a Ubuntu como a GNOME (nacho) para que
sexa incluído.

Como a saída de GNOME e Ubuntu é inminente non creo que chegue a tempo
polo que nos vindeiros días farei un paquete para Ubuntu Oneiric que
solucione o erro e evite que as persoas non técnicas tenhan acceso á
última versión de Gtranslator (por certo moi mellora en interface).

Máis cousas en gtranslator:
Agora admite python como linguaxe de programación para os engadidos co
que se fai moito máis doado para a aqueles que non queremos voltar a
aprender C de novo.
A minha idea é crear un engadido para cargar glosarios, ao estilo de OmegaT.
Se tedes algunha idea para engadidos por favor comentade por esta rolda.

Tedes máis información técnica e o parche remitido en:
https://bugs.launchpad.net/gtranslator/+bug/846431

Saúdos
-- 
Fran Dieguez
Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member
l10n.gnome.org/teams/gl - frandieguez ubuntu com


[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]