[gnome-gl] =?iso-8859-1?q?Traduci=F3n_da_nova_documentaci=F3n_de_?= =?iso-8859-1?q?GNOME_3?=
- From: Fran Dieguez <listas mabishu com>
- To: Rolda GNOME Galego <gnome-gl-list gnome org>, proxecto trasno net
- Subject: [gnome-gl] Tradución da nova documentación de GNOME 3
- Date: Sat, 09 Apr 2011 15:21:34 +0200
Ola a tod@s,
como ben sabedes o GNOME 3 xa foi publicado, porén existe documentación
nova creada desde cero que precisa da súa tradución.
Realmente non é moi complicada a súa tradución xa que toda ela está
orientada a resolución de erros (topic-focused) e empregando memorias de
tradución simplificase moito a tarefa.
Como en 20 días se publica a versión 3.0.1 do GNOME é unha boa
oportunidade para darlle un pulo e, deste xeito, os usuarios poderán
gozar do GNOME en galego coas súa correspondente documentación.
Se estades interesados en colaborar podedes consultar unha lista da
documentación dispoñíbel na seguinte ligazón:
http://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-3-0/doc/
Aquí poderedes diferenciar entre a nova documentación e a antiga xa que
a nova documentación ten unha icona con un circulo azul (símbolo de
Mallard).
Indicar ademais que tamén podedes colaborar na tradución do GNOME en
calquera momento enviando unha mensaxe á rolda gnome-gl-list gnome org
onde o coordinador vos indicará os aplicativos máis axeitados.
Saúdos
--
Fran Dieguez
Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member
l10n.gnome.org/teams/gl - frandieguez gnome org
[
Date Prev][
Date Next] [
Thread Prev][
Thread Next]
[
Thread Index]
[
Date Index]
[
Author Index]