[gnome-gl] Publicado o novo GNOME 3.0 ao 100% en galego



Ola a tod@s.

Benvidos ao futuro. Benvidos á nova versión do GNOME 3.0!

GNOME 3.0 é un fito moi importante na historia do Proxecto GNOME. Esta
publicación introduce novo paradigma no escritorio o cal foi deseñado
para os usuarios de hoxe en día e que se axeita a un maior rango de
dispositivos de computación. As tecnoloxías de desenvolvemento de GNOME
foron melloradas substancialmente nesta publicación 3.0. Modernizado e
racionalizado, permitirá aos desenvolvedores fornecer unha mellora
experiencia de usuario con menos tempo e esforzo. Ademáis GNOME 3.0 ven
cos mesmos aplicativos de GNOME que os usuarios coñecen e nos que
confían, a maioría dos cales recibiron importantes melloras.

= Novidades no desenvolvemento =
A versión 3.0 introduce un novo escritorio GNOME. Elegante e bonito, foi
deseñado para permitirlle ás persoas facer as cousas de forma sinxela,
confortabelmente e con todo baixo control. O escritorio 3.0 é a
continuación do enfoque do Proxecto GNOME en fornecer un contorno de
escritorio sinxelo de usar por todos. Esta versión inclúe unha grande
cantidade de novas características.

Pode obter máis información sobre o escritorio de GNOME 3, incluíndo
demostracións en vídeo, no sitio web específico de GNOME 3.

= Novidades na tradución =
En referencia á tradución o Equipo de Tradución ao Galego do GNOME non
quixo deixar de aproveitar o impulso e incríbel traballo dos
desenvolvedores nesta publicación para tamén darlle un importante pulo
ás traducións:

Facendo, como xa é costume, que o idioma Galego sexa dos primeiros en
ter completada a tradución.
Mellorando a calidade das tradución mediante revisións ortográficas,
técnicas e finalmente contextuais das traducións de tódolos
aplicativos. 
Podedes botar unha ollada ao noso traballo diario nas seguintes
ligazóns:

http://wiki.trasno.net/GNOME/Verificaci%C3%B3n/Verificaci%C3%
B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0
http://wiki.trasno.net/GNOME/3.0/Traduci%C3%B3n (diario non completo)
http://l10n.gnome.org/teams/gl

 = Agradecementos =
Esta publicación non puido ser posíbel sen o intenso traballo e
adicación da comunidade GNOME. Parabéns e grazas a todos os que o
fixeron realidade. Finalmente eu, Fran Diéguez, como coordinador da
tradución ao Galego quixera darlle unha especial mención neste caso aos
que axudaron na tradución e apoiaron a mesma.

 Miguel Bouzada
 Darío Villar Veres
 Gonçalo Cordeiro
 Leandro Regueiro

e en xeral ao Proxecto Trasno grazas ao cal estamos facendo que os
principais proxectos de Software Libre estean, tamén, na nosa ben
querida lingua, locendo con traducións harmonizadas e corrixidas.

Saúdos a tod@s e grazas de novo
-- 
Fran Dieguez <listas mabishu com>




[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]