Re: [gnome-gl] =?iso-8859-1?q?Presentaci=F3n?=



Ola Darío,

sen dúbida que serás parte do grupo, sobre todo logo da formación que
recibiches estes días por parte de todos os Trasnegos.

Vou mirarche un par de proxectiños para que poidas ir facendo cousas e
logo ir corrixindo.

En principio emprega o aplicativo que queiras e xa imos avanzando no
tema de corrección e revisión lingüística e técnica como vos expliquei
no curso antes de onte.

Saúdos.

O Mér, 24-11-2010 ás 14:22 +0100, Dario Villar escribiu:
> Ola, chámome Darío Villar e gustaríame comezar a colaborar na
> tradución de Gnome ao galego, para iso gustaríame que o coordinador me
> asignase algún pequeno proxecto polo cal poida comezar, e cando o teña
> traducido sexa revisado a fondo e recibir as críticas constructivas
> necesarias para poder ir millorando.
> Un saúdo e grazas.
> _______________________________________________
> Rolda de correo de gnome-gl-list
> gnome-gl-list gnome org
> http://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list




[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]