Gnome-gl =?iso-8859-1?q?Nova_rolda_de_coordinaci=F3n_para_usuario?= =?iso-8859-1?q?s_e_tradutores_de_GNOME_ao_galego?=
- From: Fran Diéguez <listas mabishu com>
- To: gnome-gl-list gnome org
- Subject: Gnome-gl Nova rolda de coordinación para usuarios e tradutores de GNOME ao galego
- Date: Tue, 13 Jul 2010 16:34:09 +0200
Logo dun proceso de votación dentro do grupo de tradutores de GNOME ao
galego xa fai uns cantos meses e logo da súa solicitude, a GNOME
Foundation acábanos de conceder a rolda oficial gnome-gl-list almacenada
nos seus servidores.
O enderezo da nova rolda é: [1]
Para enviar mensaxes a esta rolda lembrade cambiar o actual enderezo
por: gnome-gl-list gnome org
Esta nova rolda ven a substituír a anterior rolda [2] e pasará a ser o
punto central de discusión e desenvolvemento do GNOME en galego usando a
mesma infraestrutura que os compañeiros de outros idiomas levan usando
dende fai bastante tempo.
O propósito desta rolda é basicamente ser o punto central onde os
usuarios de GNOME en Galego poidan enviar erros de tradución e para nós
ter un punto centralizado de coordinación das traducións. Ademais ao
estar aloxados nos servidores de GNOME permitimos que os membros ou
supra-coordinadores de GNOME poidan ter un acceso directo connosco.
Nos vindeiros días tentarase importar as anteriores mensaxes que estaban
en primeira instancia na rolda de Mancomun e na actual gnome g11n net
(confío nos envíen unha resposta a varios mails que foron enviados aos
administradores).
Enviáronse convites aos actuais subscritores á esta rolda polo que só
terán que aceptar dito convite para estar subscritos a dita rolda
Saúdos
[1] Nova rolda: http://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list
[2] Ant. rolda: https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/gnome
[Date Prev][
Date Next] [Thread Prev][
Thread Next]
[
Thread Index]
[
Date Index]
[
Author Index]