[gnome-gl] buoh - master
- From: noreply gnome org
- To: gnome-gl-list gnome org
- Subject: [gnome-gl] buoh - master
- Date: Tue, 07 Dec 2010 11:00:57 -0000
Ola,
O novo estado do buoh - master - po (Galego) é 'Corrixido'.
http://l10n.gnome.org/vertimus/buoh/master/po/gl
ERROS ou CORRECCIÓNS
bottom bar --- barra do fondo > barra inferior
top bar --- barra de arriba > barra superior
Valores booleanos: True > verdadeiro, false > falso
Soamente escolla unha banda deseñada da lista, e esta será mostrada no lado dereito > Só ten que escoller unha banda deseñada desde a lista, e mostraráselle no lado dereito
Erro cargando banda deseñada > Produciuse un erro ao cargar a banda deseñada
NOTA: aceptei a tradución "Publication days" a Días de publicación xa que entendo que as bandas deseñadas poden ter datas de publicación periódicas (por exemplo a revista "El Jueves" publica os mércores).
CONSELLOS XERAIS
Non comas artigos antes de nomes, os ingleses son moi propensos a omitir os artigos, no galego metemos artigo a case todo.
Tenta ser máis expresivo e pensa que non sabes de informática.
Baixa o nivel de uso de usuario a un usuario medio e pregúntate se unha persoa que non é informática podería entender unha tradución.
Por outra banda non fagas transliteración, non traduzas con un calco do inglés, o galego é un idioma moi rico en palabras e formas de expresión propias que debemos usar.
Se tes que reordenar unha frase para que quede mellor en galego, reordénaa!
Fran Diéguez
--
Esta é unha mensaxe automática enviada desde l10n.gnome.org.
[
Date Prev][
Date Next] [
Thread Prev][
Thread Next]
[
Thread Index]
[
Date Index]
[
Author Index]