Re: [gnome-gl] =?iso-8859-1?q?Presentaci=F3n?=



Ola de novo Darío,

que rapidez... pois o mellor é que anexes o ficheiro no DL desde o
enderezo http://l10n.gnome.org/vertimus/gyrus/master/po/gl

primeiro tes que seleccionar a opción reservar para traducir e logo xa
tes a opción enviar a tradución, selccionando no botón Choose File o
ficheiro que tes en local.

Así xa nos chega unha mensaxe a todos e podemos proceder coa revisión.

Saudiños

O Sáb, 04-12-2010 ás 00:51 +0100, Dario Villar escribiu:
> Ola, 
> 
> 
> grazas pola acollida, como aínda non se me asignou ningún proxecto por
> Fran escollín un pequeno e xa o teño traducido agora gustaríame saber
> a quen llo teño que enviar mais que nada para que se lle faga unha
> revisión o mais a fondo posible, o archivo vai adxuntado ainda que non
> sei se chegará por ser unha lista de correo, o aplicativo
> é http://l10n.gnome.org/module/gyrus/ .
> 
> 
> Grazas pola vosa paciencia, un saúdo
> 
> 2010/11/26 Fran Dieguez <listas mabishu com>
>         Ola Darío,
>         
>         sen dúbida que serás parte do grupo, sobre todo logo da
>         formación que
>         recibiches estes días por parte de todos os Trasnegos.
>         
>         Vou mirarche un par de proxectiños para que poidas ir facendo
>         cousas e
>         logo ir corrixindo.
>         
>         En principio emprega o aplicativo que queiras e xa imos
>         avanzando no
>         tema de corrección e revisión lingüística e técnica como vos
>         expliquei
>         no curso antes de onte.
>         
>         Saúdos.
>         
>         O Mér, 24-11-2010 ás 14:22 +0100, Dario Villar escribiu:
>         
>         > Ola, chámome Darío Villar e gustaríame comezar a colaborar
>         na
>         > tradución de Gnome ao galego, para iso gustaríame que o
>         coordinador me
>         > asignase algún pequeno proxecto polo cal poida comezar, e
>         cando o teña
>         > traducido sexa revisado a fondo e recibir as críticas
>         constructivas
>         > necesarias para poder ir millorando.
>         > Un saúdo e grazas.
>         
>         > _______________________________________________
>         > Rolda de correo de gnome-gl-list
>         > gnome-gl-list gnome org
>         > http://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list
>         
>         
> 
> 




[Date Prev][Date Next]   [Thread Prev][Thread Next]   [Thread Index] [Date Index] [Author Index]